BNG, EH Bildu e ERC chaman a se mobilizar polas repúblicas galega, vasca e catalá
As formacións soberanistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya reaxiron ante a abdicación do Borbón cun chamado á ruptura democrática.
Fronte ao continuismo borbón ou a transformación do Estado español nunha República unitaria -na que o soberano continúe a ser o pobo español-, as formacións nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya chamaron aos seus respectivos pobos a avanzaren cara á construción das Repúblicas galega, vasca e catalá.
Fixérono quer nas concentracións que se realizaron en vilas e cidades quer nos espazos axitativos das redes sociais. O BNG fixo rular o hashtag #RepúblicaGalega, mentres que EH Bildu fixo un chamado á #EuskalErrepublika e tamén á #independentzia, ao tempo que ERC apostaba con clareza por #RepublicaCatalana.
Os líderes das forzas soberanistas tamén se debruzaron sobre o twitter para comunicar as súas posicións ant
En definitiva, o soberanismo galego, vasco e catalán toman posicións