O BNG denuncia a instrución con armas a escolares no 75 aniversario da Escola naval de Marín
O deputado Luís Bará esixiu ao goberno galego “abrir un expediente”
O BNG denuncia que no marco das actividades escolares na celebración do 75 aniversario da Escola Naval de Marín, que decorreu o 1 de xuño, instruíuse a alumnos e alumnas no uso de armas “de gran calibre”.
Luis Bará, deputado nacionalista, amosou diversas fotografías dos militares instruíndo a nenos e nenas na utilización e uso de armas e rexeitou que este adestramento sexa comparable ás visitas que realizan habitualmente os escolares a institucións ou outro tipo de centros. Estas imaxes reflicten aseverou, que non se tratou exclusivamente dunha visita a instalacións militares, foron “actividades de coñecemento, manexo e simulación no uso de armas de grande calibre” en centros escolares. O acontecido, recalcou Bará, “non é propio da educación escolar” nin da participación de alumnos de 6,7 e 8 anos no uso das armas.
O deputado nacionalista pediu ao goberno galego abrir un expediente e tomar as medidas necesarias para que esta situación non se volva a repetir. Segundo o BNG, o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén comparou a actividade militar nos centros escolares coas que se realizan habitualmente a institucións ou centros cívicos e profesionais,