O BNG condena o ataque de Trump e Israel a Irán: "Queren impoñer un mundo inxusto, armado e deshumanizado"

Bombarde de EUA e Israel a Therán, este 28 de febreiro. (Foto: Tasnim News Agency / ZUMA Press Wi)
A través das súas redes sociais, a formación nacionalista denunciou que a ofensiva militar "incumpre o Dereito Internacional" e que Trump quere ser o "dono" do mundo. 

Após a ofensiva militar dos Estados Unidos e Isarel contra Irán, na que se bombardeou este sábado, 28 de febreiro, a capital de Teherán, deixando 25 mortos nunha escola e se procedeu a evacuación da cidade, o BNG denunciou o ocorrido a través das súas redes sociais. 

"O bombardeo a Irán é un ataque militar que incumpre o Dereito Internacional", publicaron. Ademais, sinalaron que  "Trump permitiu e axudou ao xenocidio en Gaza", e "hoxe bombardea Irán, co seu aliado Israel". Unha ofensiva militar que para o BNG busca "impoñer un mundo inxusto, armado e deshumanizado". 

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tamén compartía a través da rede social X que "o imperialismo mata e Trump quere guerra". Miranda denunciou que se "incumrpre" o Dereito Internacional" e que o líder estadounidense quere ser "o dono do mundo, do seu mundo inxusto, armado e deshumanizado". 

Desde a UPG tamén condenan o ataque "criminal" dos EUA e Israel. "Só busca controlar o petróleo e dominar a rexión, e pode levar o mundo ao abismo. Esiximos respecto á soberanía dos pobos para decidir o seu futuro e rexeitamos calquera inxerencia imperialista", publicaron.