Abel Caballero
O anuncio do Concello de Vigo que semella propaganda electoral
21 de abril de 2019 (21:14 h.)
Abel Caballero recibe críticas polo “uso partidista de cartos públicos” a raíz dun anuncio promocional do Concello de Vigo aparecido na prensa local a unha semana das eleccións, e onde o alcalde aparece triunfante en primeiro plano liderando un grupo de persoas.
Este feito foi denunciado polo BNG a través do seu candidato á alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, quen o cualificou de “escandaloso” por incumprir a normativa electoral. Igrexas afirmou tamén que o anuncio publicitario “teima no culto á personalidade e reduce o deporte vigués ao autobombo do goberno municipal”. Un caso que o alcaldábel do BNG denuncia como “obsceno uso partidista dos cartos públicos”.