Anova convoca a súa asamblea nacional o 18 de marzo
05 de febreiro de 2017 (13:12 h.)
Hai data para a III Asemblea Nacional de Anova, cuxa coordinadora se reuniu o sábado en Teo, será o 18 de marzo e fica pendente o espazo en que se desenvolverá.
Anova convoca asemblea nacional o 18 de marzo, tal e se como acordou na reunión da coordinadora este sábado. Segundo a formación política, o lugar fica pendente de resolver e serán as asembleas previas ao plenario quen dedican onde se realizará.
Aliás, este sábado, Anova constituíu os grupos de traballo a nivel organizativo, de redacción e de elaboración dos textos políticos.
O centro do debate da III asemblea nacional terá a ver coa definición do papel que deberá desenvolver Anova no marco de En Marea. Aliás, a formación renovará documentos políticos e cargos orgánicos.