Eleccións 5A
Ana Pontón (BNG): "O 5 de abril temos a oportunidade de abrir un tempo novo na Galiza”
10 de febreiro de 2020 (20:50 h.)
A través das redes sociais, a portavoz e candidata nacionalista, comentou con humor que "parece que non poderei estar tanto tempo de permiso por maternidade como tiña previsto".
A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, manifestou que “estamos preparados” perante o adianto electoral anunciado por Feixoo. “Temos un proxecto sólido para mellorar a vida das galegas e galegos”, dixo a deputada, que apelou a que “hai unha maioría social que quer abrir un tempo novo” e acrecentou que o Bloque ten “a mellor candidata”, en referencia a Ana Pontón.
Precisamente Pontón, de permiso de maternidade, anunciou esta segunda feira a través das redes sociais que “parece que non poderei estar tanto tempo de permiso por maternidade como tiña previsto". [..] A nacionalista indicou tamén que "o #5A temos a oportunidade de abrir un tempo novo na Galiza”.