A portavoz do BNG no Congreso anima o Borbón a tomar exemplo de Ratzinger
18 de febreiro de 2013 (20:13 h.)
Primeiras reaccións políticas ás revelacións de Diego Torres que salfiren directamente o Rei. A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, suxire o Borbón que asuma as súas responsabilidades e tome exemplo do Papa.
En declaracións á axencia Europa Press, Davila afirmou que "nun momento en que a Coroa está a ser vinculada aos comportamentos de Urdangarín" a Zarzuela, dixo, en referencia a Juan Carlos I, "debe asumir as súas responsabilidades".
Davila dixo que en momentos críticos até o Vaticano é quen de "tomar decisións".
Os momentos críticos aos que se refere a parlamentar nacionalista teñen a ver co feito de hoxe ter trascendido que os correos electrónicos achegados por Torres ao xuíz deixan ver con toda clareza que Juan Carlos I tería feito xestións para favorecer os negocios do seu xenro.