A FPG aposta por alcanzar acordos amplos con distintas forzas
Nunha rolda de encontros que pretende abranguer a diversas forzas políticas e colectivos, a Frente Popular Galega, reuniuse a pasada terza con Esquerda Unida, xuntanza na que avaliaron a posibilidade de xeraren unha unidade de acción “dentro dun proxecto máis amplo”. No seu comunicado, a FPG (re)afirma a vixencia da súa liña histórica asentada na “defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais, ligada á loita de clases”.
Asemade, a Frente –que vén de participar o pasado mes de xullo na Asemblea Constituínte de Anova--, di no seu comunicado que os pasos dados pola organización non condicionan a decisión que finalmente poida adoptar Anova que deberá determinar “democrática e asembleariamente” a súa propia decisión a respecto da creación dunha fronte ampla e de esquerdas.
O comunicado da FPG, fíxose público un día despois de remitir Esuquerda Unida o seu propio, ao consideraren que a información recollida polos medios de comunicación, non tratara de maneira acaída a súa liña política real.