CDC e ERC acordan presentarse por separado o 20-D

catalunya

Porén, ambas as dúas manterán a unidade de acción no Congreso a prol do proceso soberanista.

CDC e ERC acordaron presentarse en candidaturas separadas ás eleccións do 20 de decembro, mais mantendo unha “unidade de acción” nas Cortes españolas de impulso do proceso soberanista. Non haberá pois, reedición da coligazón que ambos os dous partidos impulsaron para os comicios cataláns, Junts pel Si. Embora ir en listas diferentes, o progarama terá pontos común,s referentes ao 'procés'.

Segundo informa 'Vilaweb', Francesc Homs, conseller de la Presidència, sería o candidato de Convergència. ERC baralla presentar un independente como primeiro da lista, nunha candidatura na que Joan Tardà, actual voceiro no Congreso de Esquerra, estaría en postos de saída.