29N: OCUPAR O OBRADOIRO

BNG, AGE e Grupo Mixto apoian as Marchas da Dignidade

Unha delegación das Marchas reuniuse cos grupos parlamentares para lles informar das mobilizacións na defensa de ‘Pan, Traballo e Teito’.

BNG, AGE e o Grupo Mixto, que suman 16 deputad@s no Parlamento de Galiza, trasladaron esta quinta feira o seu apoio ás Marchas da Dignidade, plataforma que ten marcado en vermello para este 29 de novembro a ocupación da Praza do Obradoiro (Compostela) sob o lema ‘Pan, Traballo e Teito’.

Unha delegación da Columna galega das Marchas reuniuse cos grupos parlamentares para lles informar dos motivos e obxectivos desta mobilización. Un dos integrantes da delegación, Manolo Caamaño, sinalou aos medios de comunicación após as xuntanzas que é preciso “ateigar” o Obradoiro como mostra “clara” de rexeitamento aos “mandatos da Troika”.

Caamaño apelou ao “pobo galego indignado” e á “clase traballadora”, á vez que apuntaba a que “este réxime non pode dar solucións”.

De por parte Santiago Lameiro, outro integrante da delegación,incidiu na necesidade eimportancia da unidade na "loita contra a troika, que está a causar estragos".