Violacións, rapas e humillacións: a represión de xénero
Con motivo do Día da Galiza Mártir recuperamos a memoria daquelas mulleres que sufriron crimes de xénero durante a represión: agresións sexuais, torturas e vexacións brutais. Aínda que esta modalidade de represión non adoitaba ser obxecto de denuncia por pudor ou vergoña, chegaron até nós testemuños do sadismo sexista. Eis un extracto da reportaxe publicado no número 309 do semanario Sermos Galiza.
A Carme Jerez, da Fervenza (Vilamartín de Valdeorras), préndena en 1946. Queren que delate a Abelardo Macías, O Libre e durante 10 meses é sistematicamente violada en grupo nos cuarteis da Rúa e da Cortegada e abandónana cun tiro. Paséana cando está encinta de catro meses. Queren, mais non o fai.
A memoria tamén conta que Rosario Hernández, A Calesa, sofre a rapa e a violación. Tortúrana até que a asasinan e córtanlle os peitos. A súa familia nin dereito a bágoas ten, pois fondean o seu corpo perto das illas Cíes. Nunca voltou do mar.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 309 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]