Pintadas ultradereitistas no monumento ás vítimas da represión franquista na Coruña

[Foto: @CorunhaAntifa] Pintadas no monumento ás vítimas pola represión franquista da Coruña

O Monumento ás vítimas da represión franquista localizado no “triángulo da represión franquista” da Coruña apareceu na terza feira 29 de novembro con pintadas ultradereitistas.

Na terza feira 29 de novembro Acción Antifascista A Coruña denunciaba a través da súa conta de twitter as pintadas ultradereitistas que profanaban o memorial, con lemas como “Franco PSOE cerdos”. O monumento atópase na avenida de Navarra, preto da Torre de Hércules, o Campo da Rata e o cemiterio de San Amaro, o denominado “triángulo da represión coruñesa”.

As pedras homenaxean os nomes de 600 persoas fusiladas polo fascismo nas localidades da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros y Sada. A obra, deseñada polo escultor Xosé Val Díaz, foi inaugurada en 2010 grazas ao traballo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.