Mondoñedo lembra os seus mártires pola liberdade
Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez simbolizan en Mondoñedo a causa da liberdade e a democracia. Asasinados en 1938 por unha partida de falanxistas e gardas civís, un monólito lembra desde este sábado o seu compromiso.
A iniciativa da homenaxe foi veciñal, mais non tardaron en sumarse a ela os tres partidos con representación no pleno do Concello: PP, PSdeG e BNG. “Queremos facer xustiza con estes veciños asasinados e con todas as persoas que sufriron a represión por seren demócratas e persoas de ben”, indicaban os organizadores da xornada de homenaxe, que se prolongou ao longo de toda a mañá do 12 de xaneiro, e incluíu un xantar de confraternización.
O monumento sufragado polo Concello de Mondoñedo rende tributo a todas as vítimas do franquismo. Os fascistas tamén asasinaron na localidade outros cinco veciños e mais oito persoas de Ribadeo, A Pastoriza e Viveiro.
Mais foron os familiares de Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez -militantes da Sociedade Obreiros Católicos, da CNT e da Unións Socialista Galega, mortos no lugar da Rocha, ao carón da Travesía dos Remedios-os que participaron nos actos este sábado. Os tres
Unha mesa redonda na Casa da Xventude, xustamente a antiga sede da Sociedade de Obreiros Católicos, completou a xornada.
Nota: asistentes á homenaxe ás vítimas do franquismo en Mondoñedo.