'As guerrillas galegas ao descuberto'

A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (I): A loita pola supervivencia

Os irmáns Rogelio e José García Molares ‘Os Maletas’ nunha foto familiar. (Foto: Arquivo Xoán Carlos Abad Gallego) #guerrilla #guerrillaantifranquista
Tras a caída das barricadas de Lavadores, último bastión da legalidade constitucional na zona, foi o cinto montañoso que rodea o val do Fragoso —onde se sitúan os concellos de Vigo e Lavadores— o santuario elixido polos contrarios ao golpe para procurar a salvación. Centos deles tentaron atopar acubillo polos montes da Madroa, do Meixueiro, do Galiñeiro, dos Outeiros... para salvar así a vida, primeiro, e para pensar que facer, despois. A presenza dese importante continxente de contrarios, que supuña un potencial risco de futuro, foi o que moveu as autoridades rebeldes a levar a cabo importantes accións punitivas nas inmediacións deses fragosos lugares, sexa tanto co lanzamento de bombas na Madroa por parte de hidroavións da base de Marín —nos primeiros momentos—, como coa actuación sobre o terreo mediante o envío de numerosas partidas armadas peiteando a zona. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.