Homenaxe en Vigo aos últimos fusilados do franquismo

Balado na cidade de Vigo en homenaxe aos cinco fusilados polo réxime franquista o 27 de setembro de 1975. (Foto: Nós Diario)
A cidade olívica ten varios balados en lembranza aos cinco asasinados o 27 de setembro de 1975.

A Comisión 27 de setembro lembra Xosé Manuel Baena e José Luis Sánchez-Bravo coa colocación de varios balados na cidade de Vigo, 50 anos após do seu asassinato a mans do réxime franquista.

Foron os últimos galegos asasinados por Franco, na mañá do 27 de setembro de 1975 no Hoyo de Manzanares (Madrid). Baena e Sánchez Barvo, de 24 e 22 anos respectivamente, foron fusilados xunto co antifranquista zaragozano Ramón García, os tres estaban vinculados ao Frente Revolucionario Antifascista e Patriota (FRAP). Foron xulgados nun xuízo sen garantías e sen saber de que se lles acusaba. Un xuízo farsa, no cal os tres foron condenados a morte e até o día do seu asasinato foron sometidos a salvaxes torturas.

Nesa mesma xornada, foron executados, en Barcelona, Juan Paredes e Burgos Ángel Otaegui, pertencentes a ETA. Estes cinco homes foron os últimos fusilados do franquismo, só dous meses antes do falecemento do ditador.

Como cada 27 de setembro a cidade de Vigo acolle a súa homenaxe para que a súa memoria nunca se esqueza, este ano farao, ademais de coa colocación do balado e os  tradicionais actos no cemiterio de Pereiró, coa proxección da película Setembro o 75 mañá no Multicines Norte ás 20 horas.