As guerrillas galegas ao descuberto
A heroicidade do día a día: Os enlaces na guerrilla antifranquista en Galicia
29 de decembro de 2021 (17:58 h.)
“Foucellas”, “Celia da Ferraría”, “O Piloto”, “Langullo”, “Marrofer”, “Curuxás”, “Chelo” ou “Gafas” estarán entre os alias que a calquera se lle veñen á cabeza se se pensa na guerrilla antifranquista en Galiza. Hai moitos máis e os seus alcumes e nomes propios viñeron pasando polas páxinas de Nós con motivo do coleccionábel do que este escrito forma parte. Son un reducido continxente de homes, e unha nómina aínda máis breve de mulleres, que decidiron iniciar e manter no tempo unha loita armada contra os golpistas cando estes xa tiñan gañado a guerra. En expresión de Julio Aróstegui, a guerrilla foi a “última fronte” da loita armada e a súa acción supuxo a única ameaza real á construción da ditadura durante a posguerra.
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.