'Estudos sobre o Foro de Pontevedra’ conmemora 850 anos dun documento medieval fulcral para a Galiza
Fanse 850 anos do Foro de Pontevedra, un documento medieval do ano 1169 que recoñece a vila do Lérez coma tal e que foi de fulcral relevancia para o seu desenvolvemento e florecemento.
En 1169 a vila medieval de Pontevedra recibe dos reis da Galiza o seu Foro, símbolo do esplendor que a cidade do Lérez e o país lograran na época.
O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media
Xosé Abilleira sinala para Sermos Galiza os principais obxectivos desta publicación, que radican en dar a coñecer o Foro desde distintas perspectivas e relacionándoo coa historia de Pontevedra e do país, sen vocación localista, cunha perspectiva nacional e encadrándoo na historia da Galiza. En segundo lugar, o obxectivo foi revisar o que se coñecía do Foro, facendo un novo estudo, xa que o anterior data de 1942 e desde entón non se volveu cuestionar ese estudo. Fíxose desta vez, pois, unha nova lectura a partir do Foro que se garda no Museo Provincial de Pontevedra.
O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media. Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade non só a nivel peninsular, senón tamén a nivel europeo.
Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade
Abilleira tamén matiza que o Foro orixinal perdeuse para sempre e o que se conserva no museo de Pontevedra, sobre o que traballaron para o estudo, é a confirmación que un século após fai o rei Afonso o Sabio do Foro. É un documento máis amplo que o orixinal e recolle tamén o contido do extraviado.