Eira Vella homenaxea as vítimas do fascismo en Betanzos
13 de abril de 2018 (22:35 h.)
Á entrada do Museo das Mariñas de Betanzos este sábado 14 de abril, ás doce da mañá, a asociación cultural Eira Vella renden homenaxe ás vítimas betanceiras do fascismo.
Nese lugar hai unha placa que recolle os nomes dos asasinados na vila entre 1936 e 1959. “Betanzos honra os seus mártires caídos en defensa da República”, di, en castelán, o texto da mesma. É unha réplica da pendurada pola emigración no entro Betanzos de Bos Aires.
A asociación Eira Vella celebra esta homenaxe desde o 14 de abril, aniversario da proclamación da II República, desde o ano 2007.