Día da Galiza Mártir

Anova reivindicou “memoria e dignidade” polo Día da Galiza Mártir

Integrantes de Anova esta quinta feira, 17 de agosto, no cemiterio de San Mauro, en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
 A formación rendeu homenaxe a Alexandre Bóveda en Pontevedra

Anova-Irmandade Nacionalista rendeu homenaxe esta quinta feira, 17 de maio, a Alexandre Bóveda, co gallo do Día da Galiza Mártir.

Á ofrenda floral no cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, asistiron Martiño Noriega e Antón Sánchez, membros da permanente de Anova, amais de integrantes da formación na cidade.

“Homenaxeamos hoxe a Alexandre Bóveda, como todos os anos, neste Día da Galiza Mártir. Memoria e dignidade do horizonte republicano que eles e elas soñaron e soñamos nós hoxe”, difundiu a formación nas súas redes sociais.