O reino de Galiza nun mapamundi do século X
A cartografía do Beato de Milán, coñecida con ese nome por atoparse custodiada na Biblioteca Ambrosiana desa cidade, é denominada tamén por algúns autores como Beato de Oña, por ser elaborada no mosteiro desa vila burgalesa nos anos finais do século XII ou nos iniciais da centuria seguinte. A abadía de San Salvador, situada na vila burgalesa de Oña, foi fundada como mosteiro mixto en 1011, pasando a depender vinte anos despois da orde de Cluny, que remataría convertendo este espazo nun importante centro cultural, de onde sairían un número significativo de produtos culturais. O estabelecemento relixioso gozou do favor da casa real navarra, á que se mantivo vinculada até o matrimonio de Fernando I coa raíña Sancha, ligándose posteriormente á monarquía galega.
A obra dos monxes de Oña non recolle ningunha referencia a Castela ou León. Se Asturias aparece correctamente incorporada dentro da área galega como unha mera extensión deste reino, as supostas cabezas dos reinos cristiáns, segundo a historiografía españolista, simplemente non existen. A ausencia de Castela, nun mapa elaborado nun mosteiro fundado por un neto de Fernán González e situado xeograficamente no corazón mesmo de Castela, debería cando menos facer reflexionar sobre a condición política e o peso da mesma na alta Idade Media.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]