O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi
No que está considerado entre o século XII e o XIV o mapa máis preciso do mundo, elaborado polo máis importante xeógrafo do século XII, Abu AbdAllah Muhammad Al-Idrisi, recolle o Reino de Galiza. O ceutí mantén Galiza –espazo ocupado polo espazo cristián no territorio peninsular– e España –territorios do ámbito musulmán– como realidades diferentes. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.
O autor da obra, Abu AbdAllah Muhammadal-Idrisi, coñecido como Al-Idrisi, foi o máis importante xeógrafo do século XII. Nado en Ceuta arredor de 1100, onde se atopaba refuxiada a súa familia, formouse en Córdoba, viaxou por Europa, África e Asia, sendo contratado á volta de 1140 polo rei normando de Sicilia Roxerio II para elaborar o seu coñecido atlas. Dedicou os últimos 18 anos da súa vida a realizar este traballo, tamén coñecido como Táboa Roxeriana por tratarse dun encargo do rei Roxerio II, sen esquecer outras achegas a diversas disciplinas do saber. Defendeu a esfericidade da terra sinalando que “a terra é redonda como unha esfera, e as augas adhírense a ela”, significando moito antes que Galileo ou Copérnico que “as criaturas son estábeis na superficie da terra; esta atrae o que é pesado, mentres que o lixeiro é atraído polo aires”. Deixou conta das súas viaxes nos seus escritos, onde excede a información xeográfica, ofrecendo dados de carácter etnográfico ou histórico. Porén non visitou o noso país en ningún deles.
[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 277, á venda na loxa e nos quiosques habituais]