O Reino da Galiza nun mapamundi do século XI
Andreas Walsperguer, un cartógrafo austríaco
A concepción cartográfica presente no traballo estará influída ao tempo pola obra de Ptolomeo e os portolanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá a ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes xeógrafos da época como o autor do mapa de Borgia ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque.
As pegadas dos portolanos da coroa catalá son evidentes, significándose pola información detallada que presentan para fixar os contornos das diferentes áreas costeiras e determinar as agrandes liñas comerciais do momento. As semellanzas da carta de Walsperguer con outros traballos do momento non deixan dúbida algunha, sendo evidentes as similitudes co mapa de Giovani Laeardo ou de Frei Mauro de 1459, sen acadar a precisión deste.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]