O Beato de Girona. A Galiza do século X
Rematado en 975 e depositado na Catedral de Girona en 1078, o mapa elaborado polos monxes de Tábara certifica o carácter hexemónico da área galega no contexto político cristián. As supostas cabezas dos reinos cristiáns, segundo a historiografía españolista, non existen nesta cartografía policromada, que é asinada por unha muller como debuxante principal.
O mapamundi, recollido nunha copia dos Comentarios do Apocalipse do beato de Liébana, destaca pola súa rica policromía, pola abundante presenza de ouro e prata nas diversas miniaturas e polas dimensións do códice, formado por 284 páxinas en pergamiño de 400 por 260 milímetros. Os autores do mesmo coinciden practicamente cos do Beato de Tábara, sinalándose o cronista Senior, o miniaturista Emeterio, discípulo do mestre de Tábara Maxio e a gravadora Ende, cuxas imaxes ilustran tamén o Beato de Tábara. A disposición do códice, onde Ende aparece sinalada como pintora diante de Emeterio, certifica esta como autora principal da obra atendendo á importancia que lle daba á orde de aparición neste tipo de traballos. A presenza dunha muller asinando como debuxante principal da obra representa unha excepción na longa tradición deste tipo de cartográficas pero vén demostrar a súa importante participación nos labores de copista e miniaturista nos códices medievais.
[Podes ler a peza íntegra no número 316 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]