A Xunta emprega maiormente o castelán para promover o turismo nas redes
06 de agosto de 2019 (15:02 h.)
“Los vikingos se disponen a atacar de nuevo la localidad de Catoira. Será este domingo cuando tendrá lugar la recreación de la toma de las Torres de Oeste, y mañana se celebrará la cena vikinga previa. No te pierdas la invasión más festiva. #EligeGalicia #GaliciaTienesQueVivirla”. Eis o ton e a lingua maioritaria da conta de Turgalicia en twitter.
O BNG denunciou a situación esta segunda feira precisamente cun chío: “TurGalicia promociona o turismo á Galiza agochando deliberadamente o noso idioma”. Como exemplo colocaba unha entrada en que o organismo público animaba ás persoas visitantes a avisar de incendios no monte. “O Galego debería ser o principal atractivo turístico da nosa terra”, engadía a organización canda as etiquetas #TemosIdiomaPropio e #QueremosGalego.