Vaia tempo que temos!

arco do trono.- Arco da vella.

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

 

auga espesa.- Caída abundante de choiva.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Henrique Dacosta.

 

cuada.- (Ademais de significados xa rexistrados) Nube negra que anuncia choiva.

Exemplo.- “Mira que cuada vén por alí. Vai chover arreo.”

Lugar de escoita.- Lérez (Pontevedra).

Fonte.- Xurxo Filgueira.

 

espelir.- (Ademais de significados xa rexistrados) Limpar-se o céu de nuvens, despexar.

Exemplo.- "Marchade agora que vos espeliu."

Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).

Fonte.- Ramiro Barros Justo.

 

reghateiras de abril.- Momentos intermitentes de choivas e sol.

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Outros apuntamentos.- Indica o informante que: “Non ten que ser necesariamente en abril. Dise con gheada.”

 

sonhom.- Nem bom nem mau, nomeadamente dito do clima.

Exemplo.- "Hoje estivo um dia sonhom."

Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).

Fonte.- Ramiro Barros Justo.

 

tourón.- (Ademais de significados xa rexistrados) Vento tolo.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Henrique Dacosta.