Un concelleiro do BNG non pode tomar posesión por remitir a documentación en galego

A Junta Electoral Central, en Madrid, non lle remitiu a acta de edil após rexeitar a documentación enviada polo Concello de Monterrei por estar redactada en galego

 

Alberto Rodríguez García non poderá tomar posesión como novo concelleiro do BNG de Monterrei, substituíndo a Nelson Fernández, que dimitiu en decembro por motivos persoais; na sesión plenaria do vindeiro martes. A Junta Electoral Central, en Madrid, rexeitou a documetación enviada polo Concello de Moterrei por estar só redactada en galego.O Concello volveu remitir a documetación, desta vez en español, para que así Rodríguez poida tomar posesión como cocelleiro o seguinte pleno, a realizar en marzo.