Palabras con memoria: a lingua ten ás
chía escribideira.- Paxaro. O nome científico sería o do "emberiza cirlus". Escribenta.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
cirafollas.- Paxaro. Virafollas, picafollas, furafollas.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
cochora.- Merlo.
Lugar de escoita.- Val do Mao.
Fonte.- Gema Losada García.
Outros apuntamentos.- Enviada por Paula Sancosmed Maciñeiras, mestra do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.
guillén/ghillén.- Gaivota pequena.
Lugar de escoita.- Corme.
Fonte.- Vocabulario cormelán.
Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme. Tamén era o nome do autobús que comunicaba Corme coa Coruña.
peizoca.- (Ademais de significados xa rexistrados) Variante de peizoque e peizoco para definir o paporroibo.
Exemplo.- “A peizoca fixo un niño no tellado.”
Lugar de escoita.- Vilaboa (Culleredo).
Fonte.- Alberto Suárez Fernández.
raboderrincha ou rabo de rincha.- Pega, animal voador de cores branca e negra.
Lugar de escoita.- O Morrazo, Ría de Aldán.
Fonte.- Gloria Calvo.
Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).