Palabras con memoria: (des)cansando
Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
bicha.- (Ademais de significados xa rexistrados) O as de bastos, no xogo de cartas.
Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
entangar.- Facer perder o tempo, ocupar.
Exemplo.- “Veu o meu tío de visita e entangoume a tarde.”
Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).
Fonte.- Marco Candia.
envoltas, ás.- Metido en fariña, ocupado en...
Lugar de escoita.- Corme (A Coruña).
Fonte.- Xulio López Valcárcel.
piote.- (Ademais de significados xa rexistrados) Mazo de cartas que en varios xogos, despois de repartir o número establecido a cada xogador, queda boca abaixo e de onde os xogadores poden ir collendo unha a unha cando lles toca.
Lugar de escoita.- A Coruña.
Fonte.- Henrique Harguindey.
puzo.- (Ademais doutros significados relacionados coa auga) Morea de cartas formado polas que van deixando os xogadores por orde, en varios xogos.
Lugar de escoita.- A Coruña.
Fonte.- Henrique Harguindey.
Outros apuntamentos.- Os participantes teñen a opción de coller unha carta do piote ou do puzo.