Na semana da Lingua, o PPdG escolle o castelán para se comunicar por escrito coa imprensa
13 de maio de 2013 (17:13 h.)
Cunha nota redixida integramente en español agás o titular e dous destaques, que están en galego, a formación conservadora anuncia os primeiros pasos no debate para reformar a lei eleitoral ao Parlamento
Na semana da Lingua e das Letras galegas o PPdG remitiu aos medios unha nota informativa redixida en castelán.
Contra o que é habitual nesta formación política, que emprega sempre a lingua propia do País para as súas comunicacións coa imprensa, desta volta o texto remitido trae o titular e dous destacados en galego e o resto da información figura integramente en castelán.
As declaracións que recolle foron feitas polo vicesecretario xeral d@s conservador@s na Galiza e conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, nun acto realizado en Lalín.