Magín Blanco compón 'Os meses do ano' para A Mesa pola Normalización
A iniciativa da Mesa apóiase no Tempo cronolóxico, un volume que “axuda a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal en galego”. A obra de Vicente fai parte do “proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario en galego nesa etapa”.
Magín Blanco é un veterano músico da escena pop galega, cuxa carreira leva anos enfocada a “propostas musicais e escénicas para público familiar”. A serie da Nena e o grilo é das máis populares entre as crianzas galegas. Colaborou coa mesa noutras ocasións, con temas como O abecedario, Peixiños do mar ou O tempo metereolóxico.
Xulia Vicente é unha ilustradora cuxo traballo tamén coñece o formato de banda deseñada.