Linguaxe corporal
ir ó sentinolo.- Ir subido nos ombros de alguén.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
mamear.- Tocar reiteradamente coas mans; apalpar, sobar.
Exemplo.- “Deixa de mamear esas verzas, que non van valer para nada.”
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- Dolores Acevedo.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.
prensilar.- Agarrar algo coas dedas. Engruñar.
Exemplo.- “O bebé prensilou as sabas cos dedos dos pés.”
Lugar de escoita.- Mazaricos.
Fonte.- Vanessa García Calvo.
xan.- Final do intestino delgado.
Lugar de escoita.- Cenlle, Xubín.
Fonte.- Obdulia Soto/ C.D. Atalaia de Vigo.
zasmo.- Parte carnosa de debaixo das uñas. Sabugo.
Exemplo.- “Fixen unha ferida debaixo da uña e dóeme o zasmo.”
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Xoana Alonso Glez. alumna de 2º de ESO do CPR Ángel de la Guarda, Priegue - Nigrán, Pontevedra.