A VÍDEO-COLUMNA DE CARLOS CALLÓN
It´s very difficult todo esto
02 de maio de 2016 (14:05 h.)
Na súa vídeo-columna das segundas feiras, Carlos Callón explícanos como o PP utiliza o inglés para reducir a presenza nas aulas do galego, o catalán e o euskera.
Recentemente o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, proferiu esta frase: "Cando escoitamos que se suprimen as clases de inglés para pór idiomas moi respeitábeis españois creo que estamos a cometer un erro de grandes proporcións".
Pois ben, Carlos Callón sae ao paso destas declaracións nesta súa nova vídeo-columna e entre outras cousas pon en destaque que nas comunidades castelán-falantes controladas polo PP o ensino é monolingüe en español.