Ikea vende mobles en catalán e euskera pero non en galego
03 de setembro de 2016 (14:43 h.)
A páxina web da empresa sueca discrimina os galegos e galegas ao lles impedir facer uso do portal no idioma do país. En cambio, Ikea permite a opción de acceder á web en catalán e mais en euskera.
O xigante sueco dos mobles ignora a lingua galega na súa web, que si permite acceder aos contidos tanto en catalán como en euskera. Aínda que existe a opción de acceder ao portal de Ikea Portugal, os contidos poden diferir a respeito do estabelecemento que a firma posúe na Coruña.
Ikea foi noticia a principios deste 2016 por ceder ás presións de Marrocos e deixar de apoiar a independencia do Sáhara Occidental para poder instalarse en solo marroquí.