DENUNCIA A MESA
No Hospital de Lugo prégase silencio en 21 linguas... e ningunha delas é o galego
31 de xullo de 2019 (15:21 h.)
En inglés, francés, euskera, ruso, alemán.. e, por suposto, en español. Mais o galego non figura por ningures no cartaz posto no servizo de Hematoloxía. Denúnciao A Mesa.
“Se ruega guarden silencio”. E así até en 21 idiomas: euskera, francés, árabe, ruso.... Mais non en galego. O idioma propio da Galiza non aparece no cartaz posto nun dos corredores do HULA de Lugo para demandar silencio. O cartaz de advertencia non é oficial mais para A Mesa pola Normalización Lingüística, o Sergas debería de ter coidado de que nas súas instalacións non se vulneren os dereitos lingüísticos e debe protexer o galego.