A campaña 'Exercita a túa Lingua' en Lugo levou o galego aos ximnasios

A acción de promoción da lingua realizouse grazas a un acordo entre a Asociación de Ximnasios de Lugo e a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello.

A primeira edición da campaña 'Exercita a túa Lingua' chegou a máis de 5.000 usuarios de ximnasios en Lugo no mes de maio. Entre os días 7 e 31 do mes das Letras máis de 1.000 persoas decidiron participar directamente coa realización do encrucillado e da sopa de letras para logo entrar nun sorteo con varios premios, como bonos gratuítos de uso dos ximnasios asociados durante 6 meses. Os ximnasios participantes recolleron un total de 589 encrucillados e 450 sopas de letras.

Os ximnasios participantes recolleron un total de 589 encrucillados e 450 sopas de letras

Cursiños de xogos populares e bailes tradicionais
Un dos obxectivos deste convenio establecido entre a Asociación Provincial de Ximnasios e a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua é fomentar, dende os propios ximnasios, valores do noso patrimonio cultural inmaterial. Para esto un total de 22 monitor@s, pertencentes á Asociación Provincial de Ximnasios de Lugo, acudiron a 2 cursiños nos que adquiriron coñecementos sobre  os xogos populares e bailes tradicionais. Os cursiños foron impartidos pola Tradescola e por Xotramu.