Kalandraka publica en lingua maia "Onde viven os monstros"
A editorial galega Kalandraka vén de publicar en lingua maia a obra máis coñecida de Maurice Sendak Onde viven os monstros que poderá lerse por primeira vez nunha lingua orixinaria de América co título 'Te'tu'ux ku kajtal le wáayo'obo'.
A obra máis coñecida do norteamericano Maurice Sendak, Onde viven os monstros, será publicada en lingua maia pola editorial galega Kalandraka. A publicación presentarase na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) no mes de novembro.
Con motivo da celebración este domingo do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, o traductor da obra, Hilario Chi Canul, lembrou que, aínda que se trata da segunda lingua autóctona máis frecuente en México, o maia perdeu falantes durante as últimas décadas.
Kalandraka xa publicara en todas as linguas da Península Ibérica Onde viven os monstros e a súa nova edición en lingua maia estará dispoñíbel en México a partir de agosto.