A xustiza alemá decide extraditar Puigdemont só por malversación

Foto NacióDigital

Considera “inadmisíbel” o delito de rebelión. A defensa do expresident presentará un recurso contra a decisión.

O tribunal de Slesvig-Holstein acepta a demanda do xuíz Pablo Llarena contra o expresident da Generalitat Carles Puigdemont mais só por un delito de malversación de fondos públicos. Rexeirta o tribunal o posíbel delito de rebelión que pedía Llarena por consideralo “inadmisíbel”.

 

A defensa de Puigdemont presentará un recurso contra a decisión do tribunal, que se alargou máis aló dos 90 días establecidos porque o maxistrado e4spañol continuaba enviando documentos.

 

A través das redes sociais, Puigdemont  valorou a decisión da xustiza xermana: "Derrotamos a principal mentira sostida polo Estado. Negan que o referendo do 1 de outubro fose rebelión. Cada minuto que pasan os nosos compañeiros en prisión é un minuto de vergoña e xustiza. loitaremos até o final e galaremos!".