Os xuíces tomban a restrición de 6 persoas como máximo en Euskadi

Urkullu
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco non autoriza a medida proposta polo Goberno vasco porque "limita o dereito fundamental á reunión".

A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco non autorizou a limitación a seis persoas dos encontros sociais en lugares públicos e privados ao considerar que vulnera dereitos fundamentais e non ten cobertura legal.

O Executivo vasco estaba á espera da validación por parte do  TSXPV da limitación das agrupacións de dez a seis para publicar a súa nova orde no Boletín Oficial do País Vasco ( BOPV) e que entren en vigor.