Venezuela elixirá presidente o 14 de abril
09 de marzo de 2013 (23:41 h.)
Así o vén de anunciar o Consello Nacional Electoral (CEN) após instar o presidente encargado, Nicolás Maduro, a que organismo ditaminase a data para o proceso electoral.
As eleccións presidenciais na República Bolivariana de Venezuela terán lugar o 24 de abril. Neste senso a campaña electoral desenvolverase entre os días 2 e 11 de abril.
A decisión do CNE baséase no mandato consititucional que obriga á convocatoria electoral após a falta absoluta do presidente Chávez, falecido o pasado día 5 de marzo. Durante este período até a celebración dos comicios o até o de agora vice-presidente, Nicolás Maduro asumiu a presidencia encargo para garantir a gobernabilidade do país de acordo co disposto na Constitución e co aval do Tribunal Superior de Xustiza venezolano.