Elevado ao máximo o nível de alerta anti-terrorista en Utrecht
[NOTICIA ACTUALIZADA]. Un número aínda indeterminado de persoas foron feridas durante o tiroteo e é probábel que o ataque se saldase cunha vítima mortal tal e como informaron medios locais, a pesar de que este extremo aínda non foi confirmado oficialmente. O nivel de alerta anti-terrorista foi elevado ao máximo no distrito de Utrecht.
"Varios disparos foron realizados no tranvía e bastantes persoas ficaron feridas. Hai xa helicópteros no lugar e até agora non ten habido arrestos", dixo un portavoz da policía.
Unha testemuña dos feitos, citada pola estación de televisión local RTV Utrecht, afirma ter visto a unha muller caída no chan após o tiroteo e varias persoas fuxindo do lugar despois dos disparos.
A policía informou en twitter que non desbota que o ataque sexa un acto terrorista.
Información actualizada ás 13.01.