Universidade de México declara a Fidel Castro Honoris Causa en recoñecemento á política agraria da revolución
A Universidade Autónoma do estado de Morelos (UAEM) concedeu o doutorado Honoris Causa a Fidel Castro polas achegas científicas do seu goberno á mellora da agricultura nos últimos 50 anos.
A Facultade de Ciencias Agropecuarias realizou a proposta ao entenderen que "os avances de Cuba en materia agrícola teñen fortalecido a agricultura" do estado de Morelos, "particularmente no eido da caña de sucre".
A UAEM considera ademáis que “as achegas da Revolución, así como o sistema educativo e de saude” do Goberno de Fidel Castro neste medio século fanlle merecedor da distinción.
A universidade solicitou á Secretaría de Relacións Exteriores de México que iniciase a comunicación co goberno cubano para determinar as condicións de entrega do doutourado.