Trump, positivo en coronavirus

(Foto: Europa Press)
Tamén a súa esposa, Melania.

Donald  Trump e a súa esposa  Meliana Trump deron positivo en coronavirus. Esta quinta feira coñecíase que Hope  Hicks, unha das súas colaboradoras máis próximas, que viaxou con el varias veces estes últimos días, deu positivo no test do coronavirus.

O presidente anunciou no seu Twitter que el e Melania, “estamos a esperar os resultados dos nosos test. Mentres tanto, empezamos o noso proceso de corentena”.

Os resultados foron positivos, segundo explicou posteriormente el mesmo en Twitter, así como que principiará unha corentena.

Donald Trump suxeriu que a culpa do contaxio podería recaer nos militares e policías que, dixo, "queren abrazarte, queren bicarte, porque realmente fixemos un bo traballo por eles". Judd Deere, o portavoz do presidente, defendeu que "o presidente toma moi en serio a súa saúde e seguridade, así como a de todos os que traballan para el e para o pobo dos Estados Unidos". O portavoz engadiu que a Casa Branca está a seguir "as mellores prácticas para limitar a exposición" ao virus.

Porén, é frecuente ver ao presidente e aos seus colaboradores en situacións próximas e sen máscara.