Sánchez dá instrucións por carta aos seus ministros e pídelles "honrar a palabra dada" e "cumprir os compromisos"
Reclama "máxima coordinación" entre todos os membros da coalición que forman PSOE e Sumar.
[En ampliación]
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, entregou unha carta aos integrantes do seu Executivo na primeira reunión do Consello de Ministros que leva a cabo esta cuarta feira na Moncloa na que lles comina a cumprir os compromisos asumidos.
"Honremos a palabra dada e poñamos o máximo empeño en cumprir os compromisos asumidos perante unha cidadanía que o merece máis que nunca", sinala o texto ao que tivo acceso Europa Press.
Sánchez alerta do clima político "exacerbado" que se respira na actualidade, que atribúe a "aqueles que non só negan a lexitimidade de orixe deste Executivo, senón que buscan cuestionar a súa lexitimidade de exercicio". Ademais, reclama "máxima coordinación" entre todos os membros da coalición que forman PSOE e Sumar.
Deste modo sinalou que ante a "crispación", o ruído interesado e os insultos deben responder con traballo, diálogo e man tendida e cunha apelación sincera á concordia e a convivencia.