O rei emérito recibiu 6,5 millóns de euros en Suíza en 5 transferencias anónimas
Así o conta El Confidencial, que explica como a Fundación Zagatka, dirixida polo curmán Álvaro de Orleans-Borbón, rexistrou até cinco ingresos de procedencia descoñecida nunha das oito contas que chegou a ter en Credit Suisse, por un valor conxunto de 6,5 millóns de euros.
En concreto, segundo o medio citado, alguén transferiu desde o anonimato 5,5 millóns de euros en decembro de 2008 como colofón a unha serie de transferencias de orixe oculta que incluían catro pagos precedentes a razón de 250.000 euros cada un, é dicir, outro millón máis. Total, 6,5 millóns.
O mesmo medio indica que ese diñeiro quedou depositado nunha das oito contas que tivo Zagatka en Credit Suisse e o seu uso non foi outro que o pago de voos privados e outros gastos do Rey emérito, algo que, polo menos, resolve a incógnita de como pagaba Juan Carlos I o seu alto nivel de vida.
En todo caso, aqueles ingresos non acenderon ningunha luz de alarma en Credit Suisse, que non alzou a voz até 2015, cando convidou a Zagatka a cambiar de entidade financeira, cousa que Orleans-Borbón non dubidou en facer, pasando a traballar desde entón con Lombard Odier, outra entidade financeira con sede en Xenebra.