O regreso de Escocia á UE sería "rápido"
03 de xaneiro de 2020 (07:59 h.)
O presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento europeo, David McAllister, confirma contactos con institucións escocesas de cara ao horizonte post-Brexit.
A saída do Reino Unido da UE o 31 de xaneiro deu azos ao proxecto independentista en Escocia que lidera o Partido Nacional Escocés (SNP, polas súas siglas en inglés).
O Goberno de Edimburgo prepárase para o escenario post-Brexit e mantén a presión sobre Londres. A súa estratexia: vincular a independencia coa volta ao seo de Bruxelas.
Neste sentido, as declaracións de David McAllister, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento europeo, insinuando facilidades para a nova adhesión de Escocia dan un pulo máis ás aspiracións do Executivo de Nicola Sturgeon.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.