Putin e Lula conversan por teléfono e coinciden na importancia de garantir a soberanía e os intereses nacionais de Venezuela

Vladimir Putin e Luiz Inácio Lula da Silva. (Foto: Europa Press / Contacto / Ricardo Stuckert / Brazil Press)
Os presidente de Rusia e do Brasil acordaron "seguir coordinando esforzos" mediante as Nacións Unidas e os Brics co obxectivo de "desescalar a situación en América Latina e outras rexións do mundo".

Os presidentes de Rusia e de Brasil, Vladimir Putin e Luiz Inácio Lula da Silva, conversaron esta cuarta feira por teléfono sobre a situación en Venezuela, escenario o pasado 3 de xaneiro dunha intervención militar das forzas dos Estados Unidos e do secuestro do seu mandatario, Nicolás Maduro.

Os presidentes coincidiron en destacar a importancia de garantir a soberanía e os intereses nacionais do país caribeño, segundo destacou un comunicado do Kremlin. Así mesmo, acordaron "seguir coordinando esforzos" mediante as Nacións Unidas e os Brics co obxectivo de "desescalar a situación en América Latina e outras rexións do mundo".

Lula da Silva xa condenara a agresión estadounidense, o secuestro de Maduro e o seu traslado aos Estados Unido para ser xulgado por narcotráfico, porque, segundo denunciou, estes actos constitúen unha "flagrante violación do Dereito Internacional" e sentan "un precedente extremadamente perigoso" para o mundo.

A condena tamén chegara por parte das autoridades rusas, que esta cuarta feira volveron reiterar o seus rexeitamento á intervención dos Estados Unidos. Neste sentido, o chanceler ruso, Serguéi Lavrov, cualificou a agresión a Venezuela de "ilegal" e fixo un chamado á soberanía e a integridade territorial do país caribeño.

[EN AMPLIACIÓN]