Posverdade, a nova pedra basilar do discurso global dominante
A verdade nunca valeu tan pouco, nin a mentira custou menos. A percepción emotiva da realidade imponse á realidade material. Esa é a tese que empurra a teoría da posverdade, un neoloxismo de moda que describe o vello fenómeno da manipulación e a alienación social, e que explicaría a vitoria de Donald Trump, o Brexit ou o apoio social a discursos reaccionarios como o de Marine Le Pen. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 236.
A neolingua é un fenómeno sociolingüístico, cun claro compoñente ideolóxico e discursivo, que tenciona presentar con novos termos vellos conceptos. Non é só unha mudanza estética. A opción por un ou outro significante procura alterar o significado e percepción social do mesmo. A emerxencia de novos vocablos como “posverdade” podería inscribirse nese fenómeno. O termo, acuñado en 1992 e que xa foi utilizado nos inicios dos anos 2000, toma forza no primeiro plano da actualidade. Tanto que o Dicionario Oxford o elixiu palabra do ano 2016. No entanto, son numerosas as voces que cuestionan que a denominada ‘posverdade’ describa unha realidade nova. Ao contrario, sería apenas a nova maneira de lle chamar á vella e histórica manipulación da realidade, inda que incorporando algúns matices da conxuntura presente.
[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 236, á venda xa na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]