Policía de Marroscos detén Nasser Zefzafi, líder das revoltas no Rif

Foi arrestado esta segunda feira despois de seis meses de protestas nesta zona do norte de África.

Nasser Zefzafi foi interrogado polas autoridades esta mañá. O líder da protesta leva sendo investigado dende o venres pola tarde. O fiscal ordeou a súa detención despois de que impedise pronunciar o sermón ao predicador da mesquita de Mohamed VI. Tras coñecer a noticia, centos de cidadáns botáronse á rúa para protestar. 

Nos últimos días, Marrocos aumentou a represión sobre a mobilización da poboación do Rif, un territorio desatendido polas autoridades marroquís e onde a indignación estalou o ano pasado após a morte do mariñeiro Mouhcine Fikri, de 31 anos, quen fora atropelado por un camión do lixo mentres trataba de protestar contra a incautación e destrución do peixe espada.

Desde entón, os chamados á xustiza convertéronse nun movemento popular que reivindica emprego e hospitais, dada a discriminación que vive este territorio. Un dos líderes deste movemento, Nasser Zefzafi, ten reclamado “a rehabilitación da nosa rexión devastada”. “Somos fillos de xente pobre e sinxela que sae á rúa para dicir non á tiranía, non estamos pedindo nada excepcional”