Policías búrlanse dos consellers na porta da Audiencia Nacional: “Está a chegar un osiño ao cárcere”
03 de novembro de 2017 (14:48 h.)
Vídeo no interior.
O xornal La Vanguardia publica esta sexta feira un vídeo no que se ven uns policías españois bulrándose dos consellers cando estes se dirixían a prisión en furgóns policiais. “Ao osiño (por Oriol Junqueras) xa verás como o van poñer. Está a chegar un osiño ao cárcere” di un dos axentes entre risos dos seus compañeiros. “Até que o poñan a catro patas e lle arranxen o ollo”, di outro facendo xestos sexuais.