O pobo mapuche en loita contra o imperio Benetton
O pobo mapuche foi obxecto dun colosal saqueo. A meirande parte das súas terras na Patagonia arxentina, como tamén no veciño Chile, foron apropiadas pola forza polos seus gobernos para acabar entregándollas a terratenentes e grandes corporacións. Diante desa inxustiza, comunidades como o lof de Cushamen optaron pola ocupación para recuperar a terra que lles pertence. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 269.
O Pu Lof de Resistencia do departamento de Cushamen nace en xaneiro de 2015 como resultado da ocupación de 625 hectáreas, propiedade formalmente da compañía italiana Benetton. Unha iniciativa promovida polo Movemento da Comunidade de Puelmapu, do que facía parte o lonko (líder comunitario) Facundo Jones Huala, hoxe en prisión após ser detido pola policía arxentina. Arestora, o lof ocupa un total de 1.875 hectáreas. É a última da accións de recuperación de territorio mapuche apropiado no século XIX na chamada Conquista do Deserto para acabar en mans de terratenentes e grandes corporacións.
[Podes ler a información íntegra no número 269 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]